Axudas ao investimento en bens inventariables
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto 2.500 euros e un máximo de 25.000 € (excluído o IVE), do cal poderán solicitar, como máximo, o 80%. O importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral é de 20.000,00 € (excluído o IVE).
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Os/as destinatarios/as destas axudas son persoas físicas e xurídicas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, e que na data de publicación da convocatoria destas axudas, reúnan os requisitos da base 3.
Enlaces