Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal en Pemes
O fin destas axudas é seguir avanzando no apoio ao tecido empresarial e contribuir á inserción laboral das persoas desempregadas. Estes incentivos terán a finalidade de favorecer o emprego estable e de calidade a nivel local para que se facilite a empregabilidade das persoas con maiores dificultades de inserción laboral nun contexto de proximidade.
A través desta axudas cada empresa poderá solicitar como máximo a subvención para a contratación dun/dunha taballador/a por un período mínimo de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 75% dos custos salariais totais da persona traballadora.
Pequenas e medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, atendendo á definición establecida pola Comisión Europea (Recomendación 2003/361/CE do 6 de maio), empresariado individual e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, que na data de publicación da convocatoria, reúnan os requisitos descritos na base 3.