Xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital,
O vindeiro 2 de marzo celebrase na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) a xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital, un dos principais instrumentos previstos no Plan Galicia Innova 2020 para dinamizar a innovación e que implica un novo marco de colaboración público-privada, aberta e intelixente.
Salón de Convencións, Edificio CINC. (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)02 de marzo de 2018 - 10:00 a 14:30 horas
Estes hubs van a permitir aproveitar plenamente as capacidades tecnolóxicas e potenciar a innovación empresarial, identificando, transferindo e valorizando o coñecemento e poñéndoas en relación coas necesidades do tecido industrial. Os Hubs estarán orientados a prestar servizos para a creación de valor empresarial, priorizar tecnoloxías estratéxicas e disruptivas, transferir o coñecemento e facilitar o acceso ao financiamento. Desta forma aportarán beneficios ás empresas tractoras, ás PEMEs, ás empresas provedoras de servizos avanzados e innovación e aos centros xeradores de coñecemento e tecnoloxía.
Empresas tractoras, PEMEs, empresas provedoras de servizos avanzados e innovación e centros xeradores de coñecemento e tecnoloxía.