Taller "Metas 18: optimiza o teu negocio"
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro martes, 20 de febreiro, un taller sobre “Metas 18, optimiza o teu negocio”, entre as 17:30 e as 19:00 horas, na sede cameral, sita en C/ San Pedro de Mezonzo, 48, baixo 15701 SANTIAGO
O obxecto da formación é axudar ás empresas a alcanzar o éxito, planificando o seu rumbo empresarial. No desenvolvemento da xornada poñeranse exemplos de mellora implementados e válidos para pemes e autónomos, con obxecto final de facer máis rendible o negocio e mesmo ter posibilidades de medrar, investindo noutras áreas da empresa como a formación, tecnoloxía ou marketing.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Autónomos, pemes, empregados, emprendedores e empresarios que queren optimizar os seus negocios e deixar de traballar en “piloto automático”