Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán
Poden ser beneficiarios os titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens.
Considéranse actuacións subvencionables:
- A participación como expositor en feiras profesionais de artesanía nacionais ou celebradas no estranxeiro nas cales non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
- A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da comunidade autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais. Poderase solicitar un máximo de 3 feiras no caso de que estas se celebren no período posterior á data de xustificación da subvención e aínda non tivesen data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.
- A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces