Incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos
A finalidade deste programa de incentivos é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos da economía galega, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas que operan nestes sectores identificados como estratéxicos. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde. As entidades beneficiarias desta orde deben pertencer a algún dos sectores de actividade considerados como estratéxicos pola Axenda da competitividade de Galicia: Industria 4.0.
O programa de incentivos prevé unha dobre tipoloxía de proxectos baixo os cales se articulan as actividades financiables, en función da caracterización da acción formativa:
- Liña I. Apoio para formacións xa establecidas cun programa que se identificou acorde coas necesidades da entidade beneficiaria.
- Liña II. Apoio para a implementación de proxectos de formación a medida.