Identificación de casos de éxito do deseño industrial en Galicia
Iniciativa destinada a identificar casos de éxito do deseño industrial en Galicia, coa fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito. O obxectivo é poñer en valor o deseño como factor de innovación e admitiranse proxectos de diferentes tipoloxías como o deseño industrial, gráfico, web e aplicacións, de moda ou xoiería, entre outros.
Poderán participar nesta convocatoria, que conta coa colaboración do Igape, tanto empresas como entidades ou persoas físicas maiores de 18 anos, que presenten un deseño propio realizado para unha empresa galega.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces