Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces