• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha cuarta parte do gasto do Nadal 2017 farase en liña

Data de escritura

Dos 10 países europeos incluídos no estudo, España é onde máis diñeiro destinarán as familias ao Nadal. Eses 633 euros, un 3,3% máis que os 612 euros de 2016, están moi por encima da media (445 euros). Só Reino Unido, con 614 euros, achégase ao gasto español,

As compras de Nadal en España cada vez son menos do Nadal. E cada vez fanse máis a través de internet. Iso é o que se desprende do "Estudio de Consumo Navideño" que cada ano presenta a consultora Deloitte, titulado este ano, precisamente, "Navidades en un click". Segundo o devandito estudo, os españois adiantan xa o 31% das compras do Nadal ao mes de novembro, debido fundamentalmente á campaña do "Black Friday", onde se gastará un terzo do orzamento, que este ano ascende a 633 euros por fogar. Deles, case unha cuarta parte irase pola pantalla do computador, a tableta ou o móbil.