Convocadas as axudas para proxectos de ordenación de montes
Convocánse as axudas para a execución de instrumentos de planificación forestal (proxectos de ordenación, documentos simples de xestión ou documentos compartidos de xestión). Tamén se apoiará á adhesión ós modelos silvícolas de parcelas de propietarios ligados a asociacións forestais e grupos de certificación.
Os instrumentos cuxa elaboración se financie coas axudas non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucalipto. Outro requisito é que só poderán solicitar a axuda aqueles montes que non dispoñan dun plan de ordenación vixente ou que teñan un pero coa condición de que estea no último ano da súa vixencia ou de que máis do 20% da súa superficie fose afectada por un incendio.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces