• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Terceira edición do coworking de Santiago de impulso a proxectos emprendedores

O Igape convoca a terceira edición do coworking de Santiago, aceleradora de proxectos localizada no espazo habilitado pola Xunta na Cidade da cultura, onde as persoas emprendedoras contarán con asesoramento e titorías personalizadas.

As iniciativas de coworking teñen como obxectivo prioritario acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, aumentando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polas persoas emprendedoras, neste caso de Santiago, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá. Ao abeiro desta iniciativa, as persoas emprendedoras de Santiago seguirán dispoñendo de diferentes servizos de formación, asesoramento e aceleración para os proxectos, así como de instrumentos de apoio para poñelos en marcha, aos que se poden acoller   tras rematar o seu período formativo

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición