• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

OBRADOIRO DE CREACIÓN INNOVACIÓN EN MARKETING ONLINE E OFFLINE

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación para dinamizar as ventase levar a cabo apertura de mercado a través de campañas segmentadas na rede.
Traballarase principalmente tanto de cara a fidelización como de cara a ampliación de clientes.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 31 de xaneiro de 17 a 21 horas.

Obxetivo e contido:

  1.  Aprender os conceptos máis innovadores na actualidade entorno ao marketing, merchandaising e comercio na rede.
  2.  Achegarse a conceptos claves  relacionados coa innovación e a creatividade aplicados a experiencia de compra do cliente e analizar a importancia das novas ferramentas de conexión e comunicación cos clientes e restos de stakeholders.
Traballarase tanto no campo online como offline todos estos aspectos.
  • Melloras en experiencia de compra.
  • Exemplos reais.
  • Ferramentas e recursos.
  • Sinerxias.
  • Práctica grupal con reto, por grupos.

  *Será un taller teórico- práctico impartido por Pekecha.

 PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Requisitos
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.