• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Actívase o programa Galicia Exporta para apoiar a internacionalización de máis de 300 empresas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará con 6,5 millóns de euros a internacionalización das pemes galegas a través do programa Galicia Exporta. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 21 de febreiro. O obxectivo do programa é achegar apoio directo a máis de 300 empresas para facilitar o seu crecemento nos mercados exteriores.

As bases reguladoras da nova edición do programa Galicia Exporta, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2017, veñen reforzar o desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 e a axenda estratéxica Horizonte 2020 da Unión Europea, que buscan facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial consolidando a recuperación económica.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición