• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Impulso da economía circular

Ciclo de seminarios dirixidos ao tecido empresrial da provincia da Coruña, co fin de impulsar a economía circular como oportunidade económica, estratexia empresarial e mellora ambiental. O fomento da economía circular proposto pola CEC, materialízase no lema: Vírate Verde!, como alusión da alternativa que ofrece a economía circular ao modelo de produción e consumo actual.

Os seminarios, de 4 horas de duración, serán dirixidos por profesionais vencelladas á sustentabilidade e responsabilidade social empresarial, así como á xestión de procesos participativos. Os contidos que se abordarán nas distintas sesións son os seguintes:

  • Problemática ambiental actual
  • Que é a economía circular?
  • A economía circular no marco da Unión Europea, España e Galicia
  • Ferramentas de economía circular
  • Exemplos de proxectos empresariais de economía circular
  • A activación da intelixencia colectiva para promover a innovación en economía circular 

Celebraráse o 14 de decembro en  Asociación Área Empresarial del Tambre Vía Edison, 115890 Santiago de compostela

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición