• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada sobre compliance penal no mundo cooperativo: "A responsabilidade xurídica das cooperativas"

A economía social, o ámbito cooperativo en particular, non é allea nin aos riscos derivados das malas prácticas nin ás sancións que o Código Penal establece. Polo seu carácter social, solidario e participativo, é posible que o mundo cooperativo estea especialmente chamado a encabezar o compromiso empresarial co cumprimento normativo de cara a evitar riscos con consecuencias penais.

Por todo isto, colaborar para dar a coñecer o novo marco legal, tomar conciencia dos riscos e difundir as solucións e procedementos existentes ao alcance das cooperativas para a súa propia autoprotección, son os obxectivos da PRIMEIRA XORNADA SOBRE COMPLIANCE PENAL NO MUNDO COOPERATIVO. A xornada terá lugar o 12 de decembro no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición