Convocatoria programa Santander Explorer para apoio a personas emprendedoras
As persoas emprendedoras universitarios españolas de entre 18 e 31 anos poden inscribirse ata o 8 de decembro no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’ que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nunha contorna dixital, aberta e colaborativo.
Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades, representa a evolución de Santander YUZZ, un programa que nas súas oito edicións potenciou os proxectos de máis de 4.200 persoas emprendedoras e xerou centos de empresas. A iniciativa contará con máis de 50 espazos de acollida repartidos por universidades e institucións colaboradoras de toda España, con capacidade para acoller a máis de 1.000 persoas que poderán desenvolver as súas ideas en centros de alto rendemento, ampliar a súa rede de contactos e recibir asesoramento personalizado e formación da man de máis de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.