• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro A Economía Social: Fórmulas de emprendemento colectivo

O Concello de Santiago organiza xunto coa Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) e a Confederación Empresarial de Sociedades Laborales a nivel de toda España (CONFESAL) este obradoiro de dúas horas de duración no que as persoas participantes poderán analizar as posibilidades da economía social para o seu proxecto de emprendemento.

Buscamos ofrecer ás persoas que coma ti estén en fase de emprendemento ou incluso de modificación da fórmula xurídica que tedes na actualidade o seguinte:


1. Obradoiro teórico-práctico de duas horas de duración sobre as diversas fórmulas de economía social que se celebrará o día 28 de novembro en horario de 16:00 a 18:00h no CERSIA Empresa (Rúa Alcalde López Pol, s/n 15707 Santiago de Compostela.

 Este obradoiro será impartido por Begoña Fernández, Economista, Consultora empresarial e socia da asesoría Fisbe


2. Asesoramento individualizado para cada persoa que asista ao obradoiro durante 6 meses, contando dende a data na que recibe a formación presencial.


3. Realización do Plan de Viabilidade do negocio adaptado á fórmula social que a persoa emprendedora considere máis adecuada. O obradoiro está centrado nas fórmulas de  emprendemento colectivo. Máis iso non impide que se faga un plan de viabidade para unha persoa autónoma coa planificación de dar o salto no futuro a unha fórmula xurídica de traballo colectivo.

 

O asesoramento individualizado e a realización do Plan de Viabilidade de negocio serán realizados pola asesoría Varela-López Asesores sen custe algún para as persoas participantes.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

20 prazas

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas en proceso de emprendemento ou ben que xa tendo emprendido precisen apoio no desenvolvemento do seu proxecto de emprendemento colectivo.

Poden inscribirse a este obradoiro varias persoas que teñan un único proxecto empresarial. Con independencia deste feito, a inscrición farase individualmente, unha para cada persoa

Requisitos

Inscrición no formulario web desta páxina. É necesario presentar o día da celebración da formación unha copia do DNI da persoa ou persoas inscritas.