• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Cidade da Cultura acollerá a terceira edición das charlas TEDXGalicia

A Cidade da Cultura na súa aposta por promover a difusión de ideas innovadoras acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terán como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

O evento terá lugar o sábado 2 de decembro de 2017 na planta -1 do Museo Gaias, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Comeza pola mañá e despois dun interín con sesión vermut e outras actividades retomase na tarde para rematar cara ás 20:00h e dar paso a algunha outra actividade sen hora de despedida ao se tratar da derradeira edición.  As charlas TED creáronse en 1984 en California como un evento para a transmisión “daquelas ideas que pagan a pena ser difundidas”, como reza o seu lema, facendo referencia á repercusión global que acadan os seus vídeos. TED é o acrónimo de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, as tres grandes áreas temáticas. O seu formato áxil (duración máxima de 18 minutos), así como a escolla de relatores e temas fixo que pronto se convertesen nun fenómeno viral con millóns de visualizacións a través de YouTube.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición