Xornada Compostela Ilustrada "A Praza, Corazón de Santiago"
O 11 de novembro, en colaboración co programa Compostela Ilustrada, celebrarase a Xornada “A Praza, Corazón de Santiago”, na que se amosarán as posibilidades que ofrece a ilustración para a promoción dun negocio.
Explicaranse as técnica para debuxar figuras humanas e para engadir detlales de adorno, como dobres páxinas con productos, e como seleccionar un titular para acompañar a escea. Con estas técnicas, mirarase o Mercado dende o prisma da ilustración e se elexirá un plano para debuxar. As inscricións poden facerse en info@compostelailustrada.com.
Joaquín González Dorao
Gaditano, é ilustrador e deseñador gráfico. Comezou a súa carreira profesional coa fotografía no campo da publicidade, a moda e a arte. Ten traballado en diversos estudos de publicidade e ten sido director de arte para unha axencia.
Algunhas das súas publicacións son a colección Acuarelas de Viaje (Grecia, Australia, China, Perú e Croacia) con Editorial Planeta; un caderno de viaxes de Madrid coa editorial La Librería e un caderno de viaxes sobre Cádiz con Torre Tavira. Tamén ten publicados libros de viaxes sobre Turquía, Bilbao, Venecia, Sevilla, Granada, París, Brasil e India.