• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ana Lorenzo presentará no I Foro de Economía Social Inspiradora Ben Mercado, a tenda da economía social galega

Data de escritura

A tenda online da economía galega é unha plataforma común de venda en liña, na que entidades de economía social ofrecen os seus produtos e servizos ao público. En palabras dos seus fundadores “o que viría sendo como o Amazon da economía social galega”.

Unha plataforma que sirve para facilitar o acceso das entidades de economía social ao comercio electrónico, resolvendo de forma conxunta e profesionalizada os aspectos técnicos e de publicidade e marketing, necesarios para vender.

O mantemento e xestión son levados a cabo por un equipo profesional especializado: técnico informático, de comunicación e marketing, e de loxística para os envíos.

Este equipo confórmano cooperativistas do proxecto O Tendal, Luz para as túas ideas, no que están implicadas cinco cooperativas galegas: Cidadanía S. Coop Galega, Marketing Tangible S. Coop Galega, O Cable Inglés S. Coop Galega, Ítaca Software Libre S. Coop Galega e Xedega S. Coop Galega.

 

O  II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa

Co foro o Concello de Santiago busca por unha parte, coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, polo que se dará  visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de entidades de economía social en Santiago de Compostela, realizado no ano 2016; e por outra parte , insistir na necesidade de colaborar dende as complicidades persoais para deseñar proxectos de colaboración que derive na coopetición de redes de persoas, profesionais e empresas.