Adhesion de establecementos ao programa Reforma17
As entidades colaboradoras –establecementos de distribución de materiais de construción– poden adherirse ao Reforma17 dende o 28/09/2017 hasta o 27/10/2017
O programa Reforma 17 busca estimular a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos que traballan no ámbito da construción. Os particulares interesados neste programa poderán presentar as súas solicitudes, a través dos establecementos colaboradores, que o farán por vía telemática, dende o 11 de outubro ata o 17 de novembro.
As axudas públicas directas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros e farán posible que as familias conten con rebaixas de ata o 40% no custo de produtos e mobiliario, grazas aos descontos paralelos que farán os establecementos. A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais deconstrución e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.