• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Asier Epelde de Reas Galicia exporá o obxectivo da súa organizaciòn no II Foro de Economía Social Inspiradora

Data de escritura

A Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria fundouse no ano 1995, a raíz da transformación de ABSE (Asociación estatal para a banca social e ecolóxica), organismo no que estaba integrado ABSE Galicia. No ano 2000 REAS pasou a ser unha rede a nivel estatal, formando ao mesmo tempo parte da mesma: REAS Galicia.

Actualmente REAS Galicia está formada por entidades pertencentes aos sectores de produción e transformación ecolóxica, comercialización de produto ecolóxico e comercio xusto, tecnoloxías da información e comunicación, deseño gráfico, bioconstrución, inserción sociolaboral, difusión, animación e produción cultural e educativa, así como artesanía e apoio ao cooperativismo.

REAS Galicia ten como obxectivos impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos,...). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios. Pretende difundir e dar a coñecer a Economía Solidaria na sociedade galega, e aumentar, na nosa comunidade, o tecido empresarial con características éticas e solidarias.

 

O  II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa

Co foro o Concello de Santiago busca por unha parte, coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, polo que se dará  visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de entidades de economía social en Santiago de Compostela, realizado no ano 2016; e por outra parte , insistir na necesidade de colaborar dende as complicidades persoais para deseñar proxectos de colaboración que derive na coopetición de redes de persoas, profesionais e empresas.