I encontro presencial de Periféricas
Periféricas, escola online de feminismos alternativos, www.perifericas.es, organiza a súaprimeira actividade presencial: un encontro, que se celebrará o 17 e 18 de novembro en Santiago de Compostela, dividido en tres partes:1. Presentación de relatorios e charlas ao redor dos feminismos. 2. Microactuacións artísticas.3. Reunión de contactos, na que se presentarán de maneira breve diversos proxectos feministas ou impulsados por mulleres, para dalos a coñecer entre o público e medir a resposta de potenciais interesadas.
A recepción de propostas para participar en calquera das tres partes deste encontro permanece aberta ata o próximo 15 de outubro. A comunicación da aceptación ou rexeitamento de cada unha enviarase por correo electrónico antes do 20 de outubro.