CONEXIÓN. Espacios conectados coa madeira
Como estamos conectados coa madeira? De que maneira está relacionado un bosque galego cunha cafetería londiniense? Que teñen en común a gastronomía, a percusión, a realidade virtual ou a fotografía con este material? Finsa propón dar resposta a estas preguntas mediante CONEXIÓN. Espazos conectados coa madeira, un proxecto museográfico e un acontecemento cultural que traza a cadea de valor da madeira a través dos distintos oficios que interveñen nela, facendo fincapé nos procesos creativos e no deseño.
Este proxecto, de vocación itinerante, recalará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre o 4 e o 15 de outubro tras expoñerse no Museo da Universidade de Alacante. A mostra, que terá a súa próxima parada en Valencia a finais de outubro, percorrerá España e o estranxeiro nos próximos dous anos.
Actividade divulgativa dirixida a persoas de calquera idade.