• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O FORNO DOS SOÑOS

“O forno dos soños” é un programa de innovación social para o fomento do emprendemento e o intraemprendemento que se desenvolve a través da creación dun entorno colaborativo e apoio mutuo que busca aflorar o talento individual e grupal das persoas participantes.

Confiamos nas persoas e na súa capacidade para transformar esas ideas en proxectos de negocio económicamente viables pero baixo unha nova percepción sustentada na colaboración, xeración de sinerxias e desenvolvemento persoal en disciplinas transversais que se traballan ao longo de todo o programa como: a creatividade, a anticipación, a motivación e a flexibilidade…. e sobre todo a colaboración durante todo o proceso. Todas elas tanto co marco común das titorías; como das distintas sesións grupais que se vaian desenvolvendo…
Somos conscientes da soidade das persoas emprendedoras e en busca activa de emprego; da necesidade de asesoramento e acompañamento durante todo o proceso e da súa importancia.
Por iso o que propomos é acompamento durante todo o proceso e a xeración de dinámicas para fomentar o apoio interno e complementación entre todas as persoas participantes no programa.

“O forno dos soños” quere ser unha ferramenta de adaptación ao cambio que te axude a mellorar a empregabilidade.

A metodoloxía de traballo será a través de sesións individuais e colectivas guíadas por un coach profesional.

 

-       Mellorarás as túas competencias transversais (emocionais e persoais, sociais, autocoñecemento, habilidades sociais, liderazgo).

-       Poderás identificar e construir o teu camiño cara ao emprego ou autoemprego

-       Descubrirás novas oportunidades laboráis e o mercado oculto.

-       Aprenderás a facer un cv brillante, entrevistas, falar en público e participar en procesos de selección

-       Crearás a túa imaxe dixital.

-       Adquirirás novas competencias como traballo en equipo, traballo por proxectos, creatividade, innovación social ou novas metodoloxías de traballo.

 

O programa dará comezo o vindeiro 25 de setembro e rematará o 30 de novembro. Terá dúas sesións de traballo semanáis, que serán os martes e os xoves, salvo festivos, de 9 a 14 horas e tres titorías individuáis cos contidos seguintes:

  • Sesión 1. Outdoor Training. 26/09/2017
  • Sesión 2. Roles e sinerxias do equipo. 28/09/2017
  • Sesión 3. I Taller Conceptual Práctico. Reto grupal. 03/10/2017
  • Sesión 4. Visual Tatooing. 05/10/2017
  • Sesión 5. Sesión grupal de traballo do reto. 10/10/2017
  • Sesión 6. Pensamento visual na proxección de obxectivos 17/10/2017
  • Sesión 7. Novas Formas de Deseño. 19/10/2017
  • Sesión 8. Sesión Grupal II. 24/10/2017
  • Sesión 9. Teño algo diferente (Visual Tatooing II). 26/10/2017
  • Sesión 10. Emprendemento. 31/10/2017
  • Sesión 11. Falar en Público. 02/11/2017
  • Sesión 12. Xornada grupal de traballo do reto. A definir polo grupo.
  • Sesión 13. Reunión Individual de emprego. 07/11/2017
  • Sesión 14. Sesión grupal de traballo do reto. 09/11/2017
  • Sesión 15. Identidade Dixital. 21/11/2017
  • Sesión 16. Visual Thinking. 30/11/2017
  • Xornada Final

 Tamén realizaremos 3 titorías individuais co alumnado, unha ao principio do proxecto, outra no medio e unha terceira cara ao final, distribuídas nas seguintes datas:

 -       Primeira sesión:    25, 26 e 27 de setembro

-       Segunda sesión:   16, 17 e 18 de outubro

-       Terceira sesión:    14, 15 e 16 de novembro

A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro)

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  • Persoas en situación de desemprego que queiran mellorar ou reenfocar a súa carreira profesional 
  • Persoas que teñan unha idea de negocio que queiran transformar nun proxecto empresarial.
  • Persoas que teñan en marcha un proxecto empresarial nunha situación de maior ou menor dificultade que queiran reenfocarlo dalgún xeito e adquirir a motivación e as ferramentas precisas para elo.
  • Persoas que non tendo proxecto empresarial desexen adquirir os coñecementos precisos para poder aplicar no futuro.

Priorizarase na adminisión ás persoas pertencentes a aqueles colectivos que máis dificultades teñen na posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais: mulleres, persoas en risco de exclusión social, mocidade e cidadanía dos barrios e entorno rural do Concello.

Requisitos

Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 21 de setembro de 2017 ás 14:ooh

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.

Se existisen máis solicitudes que as 20 prazas ofertadasa as persoas inscritas serán convocadas para unha entrevista persoal o día 25 de setembro entre as 10:00h e as 13:00h no CERSIA Empresa. A listaxe de persoas admitidas publicarase nesta mesma web o propio día 25 de setembro.