Accións de fomento da economía social
O Concello de Santiago quere para este ano 2017 consolidar como servizos abertos á cidadanía as experiencias que ata agora eran programas con data de inicio e fin. En base á esa necesidade a partir de outuno o CERSIA contará dun Servizo de Emprendemento Colaborativo e cun Servizo de busca de emprego Colaborativo que funcionarán de xeito continuado e permitirán traballar os procesos de busca de emprego e emprendemento de xeito grupal e aberto, buscando a cooperación entre as persoas.
o Concello contará coas seguintes liñas de traballo en materia de Economía Social no marco do programa Compostela Móvese 2017:
- “Axudas á empresas de recente creación” Compostela Móvese: modificanse de novo as bases do programa de axudas á empresas para primar ás cooperativas de traballo asociado e ás sociedades laborais con 2000€ máis de axuda que outras fórmulas empresariais. Se unha empresa convencional pode ter aceso a unha axuda por importe de 3.000,00€; as de economía social poden ter aceso a unha axuda de 5.000,00€.
- Xornadas de Economía Social: adicarase a segunda edición das mesmas de xeito íntegro áo cooperativismo e mantendo a filosofía do foro como espazo de celebración, encontró e inspiración para as persoas que buscan un espazo na nova economía do ben común, nunha xornada que se celebrará a primeira semana de outubro. Na primeria Xornada de Economía Social organizada en decembro participaron máis de 150 persoas.
- Almorzos con… de carácter mensual con inicio en setembro para dar a coñecer as boas prácticas en materia de economía social, emprendemento cooperativo, responsabilidade social empresarial e economía circular presentes no Concello de Santiago de Compostela. De carácter aberto con esta iniciativa preténdese crear un espazo de continuidade no CERSIA Empresa para a reflexión e a formación nas posibilidades da economía social e as novas economías.
- Servizo de Emprendemento Colaborativo: Programa de apoio na elaboración e posta en funcionamento de proxectos cooperativos e colaborativos en materia de emprendemento, así como na elaboración de accións de promoción e colaboración entre empresas xa constituídas. Esta acción da continuidade ao proxecto piloto de colaboración empresarial baseado na confianza mútua e no que iniciativas empresariais xa establecidas son capaces de vincular a novas persoas en dinámicas de emprendemento cooperativo artellando actividades conxuntas de dinamización económica.
- Proxecto “Colaboractiva”: Servizo de busca de emprego Colaborativo para o apoio na busca activa de emprego e intraemprendementos, no que se combinan accións colectivas de formación con titorías persoalizadas. Con este servizo búscase mellorar a formación das persoas para que afronten a súa vida profesional en dinámicas de creación de iniciativas autolideradas e autoxestionadas, seguindo os principios da economía social e colaborativa e dotándoas das competencias precisas para afrontar con éxito os retos profesionais da nova economía
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Requisitos
Se estás interesada ou interesado en participar en calquera destas iniciativas, cumplimenta o formulario e avisarémoste cando se convoquen!