Curso corte de xamón para persoal da Praza de Abastos de Santiago
O curso será impartido por José Miguel Míguez Cid, 1º PREMIO XXII CONCURSO NACIONAL 1DE
CORTADORES DE JAMON / DEHESA DE EXTREMADURA, no ano 2015 e que na actualidade é o encargado, cortador de xamón e sumiller do restaurante compostelano "A bodeguilla de Santa Marta"
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN:
O programa desenvolverase a Aula Multiusos da Praza de Abastos de Santiago de Compostela os días 12 e 13 de xuño en horario de 17:00 a 21:00 horas.
PRAZAS DISPOÑIBLES:
Ofértanse 25 prazas para participar nesta acción formativa.
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos.
No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.
Emitirase diploma acreditativo sempre e cando se asista ao 100% da formación.