Clara R. Cordeiro de 7H Cooperativa Cultural intervirá no II Foro de Economía Social Inspiradora
7H é unha cooperativa de traballo asociado, adicada á creación e a xestión cultural, que nace para dinamizar colectivamente o traballo das súas socias e socios.
Os seus valores son os sete principios que rexen as cooperativas: adhesión libre e voluntaria, control democrático, participación económica dos socios, autonomía e independencia, educación, capacitación e información, cooperación entre cooperativas e compromiso coa comunidade.
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa
Co foro o Concello de Santiago busca por unha parte, coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, polo que se dará visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de entidades de economía social en Santiago de Compostela, realizado no ano 2016; e por outra parte , insistir na necesidade de colaborar dende as complicidades persoais para deseñar proxectos de colaboración que derive na coopetición de redes de persoas, profesionais e empresas.