• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de Redes Sociais: Aumenta as túas vendas e atrae máis clientela! no Mercado de Abastos

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e queiran mellorar os seus coñecementos sobre redes sociais para atraer nova clientela aos seus postos.
¿SABÍAS QUE?

Falando de atraer novos visitantes aos mercados e prazas de abastos… e polo tanto…. NOVA CLIENTELA!

 -       Se falamos de visitantes/ turistas …. Cada vez son máis os turistas que visitan os mercados como unha forma de coñecer realmente a cidade, o seu pulo, a súa idiosincrasia…

 ¿ cómo os buscan ou atopan- seleccionan como punto de visita obrigada?

 Na redes SOCIAIS, google, recomendacións de outros visitantes … e case sempre por medio de dispositivos móviles.

 -       Se falamos de veciños…. Cada vez se fían máis das recomendacións nas redes sociais, pasan máis horas conectados e buscan nelas ou se interesan por ofertas, promocións que atopan nelas.

 Segues sen pensar que che pode axudar a aumentar clientes, fidelizar e modernizar a túa imaxe e atención aos mesmos?

 Trátase dunha formación totalmente práctica e con exemplos reais de campañas, accións e aplicacións de éxito en outros Mercados e Prazas de Abastos.

 Cada participante adquirirá os coñcementos necesarios, trucos e manexo de ferramentas para promocionar o seu negocio, facelo chegar a máis xente, de forma menos custosa e dinámica e mellorar a súa imaxe e rendibilidade.

 

¿QUÉ APRENDEREMOS?

 - Principais Canles e como empregalas. ( Facebook ,Twitter, Instagram e Redes de Xeolocalización tipo SWARM)

 -  Estratexia e técnicas. Revisión en profundidade de cada unha e cómo  empregalas.

 -  Visual Merchandaiser + Como traballar de forma sinxela as imaxes para melloralas para a rede. Breve aproximación a programas básicos e dinámicos de edición das mesmas.

 -  Atención ao Cliente 2.0 e dinámicas/ rutinas de traballo para facelo de forma natural.

 -  ¿ que canle me convén? A miña estratexia e ferramentas que me facilitan o traballo.

 -  O meu pequeño plan de promoción para gañar visibilidade coas novas tecnoloxías.

 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN:

O programa desenvolverase a Aula Multiusos da Praza de Abastos de Santiago de Compostela os días 18, 24 e 30 de maio e 1,6 e 8 de xuño en horario de 17:00 a 20:00 horas.

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 15 prazas para participar nesta acción formativa.

Documentación requerida

Poderá esixirse a acreditación da pertenza ao colectivo de aceso preferente.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos.

No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun. 

Requisitos

Inscrición no formulario web desta mesma páxina.

A non asistencia as sesións formativas de grupo dará lugar a perda da praza na acción formativa.

Emitirase diploma acreditativo sempre e cando se asista ao 80% da formación.