• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EMPRENDER NA PRAZA DE ABASTOS: CONVOCATORIAS PÚBLICAS PARA EMPRESAS E PROFESIONAIS.

Iniciar o teu negocio nun espazo singular como é a Praza de Abastos de Santiago de Compostela ten moitas vantaxes para o seu desenvolvemento, pero o proceso de emprendemento nun espazo así tamén esta rexido por singularidades e procesos administrativos que debes coñecer.

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a persoas que estén valorando emprender ou por por en funcionamento unha nova liña de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e queiran coñecer os procesos de concesión administrativa do uso privativo e normal do dominio público dos locais. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN:

O programa desenvolverase a Aula Multiusos da Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

o A formación en grupo terá lugar en 2 días consecutivos: luns 30 e martes 31 de xaneiro, en horario de 10:30 a 12 horas.

o A primeira sesión da formación individual realizaríase entre os días 1 e 3 de febreiro, e será de 1 hora de duración. Fixaremos, de común acordo coas persoas participantes, cita para a sesión individual, sempre dentro das marxes horarias que indicamos: de 9:30 a 13:30, e de 15:45 a 18:45 horas.

o A segunda sesión da formación individual realizaríase entre os días 6 e 8 de febreiro, e será igualmente de 1 hora de duración. Fixaremos, de común acordo coas persoas participantes, cita para esta segunda sesión individual, dentro das marxes horarias que indicamos: de 9:30 a 13:30, e de 15:45 a 18:45 horas.

o Exisitirá seguimento en liña, a través da dirección de correo electrónico que se proporcionará ás persoas participantes, dende o luns 30 de xaneiro ata o venres 10 de febreiro. 

PROGRAMA:

Esta acción estructúrase en tres partes diferenciadas, dúas sesións de formación en grupo, dúas sesións de formación individual para cada persoa participante e un sistema de seguimento e liña para apoiar o proceso formativo

FORMACIÓN EN GRUPO:

SESIÓN 1: Liñas básicas para a tramitación de convocatorias públicas. 

Sesión de 1 hora e 30 minutos onde se tratarán os seguintes contidos, enunciados en forma de competencias a adquirir polas/os participantes:

      1.- Familiarizarse coa estrutura formal e de contidos dunha convocatoria pública.

      2.- Entender sobre que trata: o obxecto da convocatoria.

      3.- Poder determinar se podo presentarme  a dita convocatoria.

           a) Requisitos que debo cumprir.

           b) Documentación que debo aportar.

      4.- Saber en que beneficia ao meu negocio, e que obrigas/compromisos implica.

      5.- Entender os criterios de valoración que se establecen.

      6.- Identificar o proceso administrativo e os prazos.

SESIÓN 2:  Como comunicar axeitadamente a miña idea de negocio nas convocatorias.

   Sesión de 1 hora e 30 minutos onde se tratarán os seguintes contidos, enunciados en forma de competencias a adquirir polas/os participantes:

 

  1. Identificar cal é a miña idea de negocio.
  2. Sabela transmitir de forma resumida a partires dun resume executivo.
  3. Saber comunicar a información: transmitir axeitadamente aquilo que será mellor valorado (segundo os criterios de valoración requiridos).

 

FORMACIÓN INDIVIDUAL: 

Formación individual, sesión 1.

   Sesión de 1 hora/participante onde se realizarán as seguintes tarefas:

 

  • Prácticas sobre supostos concretos (elixidos por cada participante) de convocatorias públicas.
  • Aplicación dos conceptos e coñecementos transmitidos na formación en grupo, ás realidades ce necesidades concretas de cada participante.
  • Proposta de actividades prácticas para a seguinte sesión de formación individual.

 

Formación individual, sesión 2.

   Sesión de 1 hora/participante onde se realizará a seguinte tarefa:

      a) Seguimento das actividades prácticas propostas na anterior sesión de formación individual.

 

SEGUIMENTO EN LIÑA

   Dende o comezo da actividade ata 1 semana despois de rematar a 2ª sesión da formación individual, existirá un seguimento on-line a través de e-mail, para consultas, dúbidas, aclaracións ou comentarios dos/as participantes.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 12 prazas para participar nesta acción formativa. 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a persoas que estén valorando emprender ou por por en funcionamento unha nova liña de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e queiran coñecer os procesos de concesión administrativa do uso privativo e normal do dominio público dos locais

Requisitos

Inscrición no formulario web desta mesma páxina. A non asistencia as sesións formativas de grupo dará lugar a perda da praza na acción formativa non podendo realizarse as sesións formativas individuais nin o seguimento en liña do proxecto.