• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I FORO DE ECONOMÍA SOCIAL INSPIRADORA. EMPRENDER NA ADVERSIDADE

O I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na adversidade celébrase por primeira vez en Santiago,dado o interese que ten este concello por estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio, e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible. Charlas, dinámicas e actividades onde se combinan experiencias reais con dinámicas grupais que axuden a superar a negatividade, afrontar retos e establecer redes de colaboración. Neste foro tamén queremos coñecer e recoñecer o traballo de empresas con valores sostibles, igualitarios e solidarios.

O foro ten polo tanto varias vertentes complementarias entre sí:

A economía centrada nas persoas. Autoestima e motivación persoal e profesional

A autoanálise permite identificar habilidades e talentos que permitan recuperar a autoestima persoal e profesional. Programas como Aposta por ti,ou o Proxecto Colabora no marco do Compostela móvese, inciden directamente na recuperación da autoestima e motivación como motor de cambio que parte de un mesmo, tanto á hora de buscar traballo por conta allea, como para emprender por conta propia.

A resiliencia empresarial e a crise para transformar. Charlas inspiradoras

Coñecedoras dunha situación percibida como adversa para emprender, no foro queremos presentar un cambio de enfoque, de forma que unha época de crise económica poda ser percibida como época de cambio de modelo económico e, polo tanto, de oportunidades para emprender. Neste caso, contaremos coa experiencia de tres persoas emprendedoras con perfiles moi distintos, que foron capaces de superar fracasos e adaptarse aos cambios dunha nova situación na que emprender con conciencia e valores é a clave do éxito.

Nestas charlas participarán:

JesúsIllán, de Volta ó sacho: un emprendedor de Outeiro de Rei ao que a crise obrigou a pechar unha empresa de 54 empregados pola falta de flexibilidade bancaria, polo que tivo que reinventarse a si mesmo. Hoxe en día ten unha empresa de agricultura ecolóxica, polo que no a súa experiencia é un bo exemplo de resiliencia emprendedora.

IdoiaCuesta: Nada no País Vasco e afincada en Lugo, IdoiaCuesta é unha creadora téxtilque combinamestría, tradición e experimentación, para levar a Cestería a novos escenarios. Este camiño creativo está cheo de colaboración, tanto de forma individual, como colectiva, para ir texendo unha rede de proxectos nos que dar saída ás súas creacións e lidiar coa crise que se viven en xeral e, en particular, na súa actividade.

Muuhlloa: É o proxecto nado da colaboración entre Granxa Maruxa e Milhulloa para sacar unha liña de cosmética elaborada a partir dos seus produtos: o leite e os aceites esenciais. Para lograr este obxectivo, as emprendedoras tiveron que percorrer un longo camiño que nos contarán neste foro, no que esperamos que tamén nos conten como xurdiu a idea de fusionar os seus produtos en algo totalmente diferente ao que comercializa cada empresa.

A economía social

A Economía Social no marco deste foro non só estará centrado nas formas xurídicas de empresas, senón que o enfoque é moito mais amplo.

O foro quere ir mais alá falando da necesidade de colaborar, aproveitar as sinerxías entre empresas ou sumar esforzos para crear redes de traballo que permitan desenvolver proxectos conxuntos. Ao igual que estamos facendo no marco do Compostela móvese, cos Adestramentos colaborativos que buscan establecer esas alianzas entre persoas que podan derivar no deseño e implantación de proxectos en rede co apoio do concello de Santiago

Contaremos coa ponencia da Cooperativa Coop57 unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que recada aforro popular da sociedade para o canalizar cara o financiamento de proxectos de economía social e solidaria. Proxectos que proporcionen un valor engadido ao conxunto da sociedade.

E contaremos tamén coas entidades relacionadas coa Economía Social (UGACOTA, AESGAL E AEIGA), e se presentarán os resultados do informe sobre Economía Social en Santiago de Compostela.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas en procesos de busca activa de emprego ou emprendemento que queiran achegarse á realidade da economía social aplicada en proxectos. Profesionais do desenvolvemento local, persoal ténico do tecido institucional e asociativo e persoas que queiran mellorar os seus entornos de desenvolvemento de proxectos relacionados coa promoción do emprego e autoemprego. Empresariado que queira achegarse ás oportunidades que a implatación dos valores da economía social ofrece para mellorar o seu rendemento empressarial

Requisitos

Inscripción no enlace ao evento