Colabora II: fomento do emprendemento social e o intraemprendemento
E neste contexto é no que a Oficina de Promoción Económica recollendo a necesidade detectada tras moitos anos de xestión e impartición de actividades de formación para o emprendemento lanza este programa piloto do proxecto Colabora un programa pioneiro, de carácter gratuíto que busca promover a participación activa da persoa desempregada e a creación de oportunidades laborais a partir da colaboración entre as persoas participantes
A iniciativa que se basea no método "coaching" comprende o seguemento individual das persoas participantes, a celebración de sesións grupais e a creación dunha comunidade de persoas que colaboren e se axudan no desenvolvemento de proxectos de autoemprego e na busca de emprego. Ademais incorpora actividades formativas en ferramentas para a busqueda de proxectos laborais e mellorar as competencias de cadaquén.
A participación no programa implica a asistencia ás sesións de grupo e individuais programadas nos horarios e datas que se especifican no documento de programa que pode descargarse nesta mesma web. As sesións individuais programaranse de acordo cos intereses e necesidades das persoas participantes. A non asistencia a estas sesións poderá dar lugar á perda da praza asignada no proxecto Colabora II do Compostela Móvese e a sustitución da persoa por outra da lista de agarda.
Para este grupo de traballo existen 15 prazas dispoñibles.
A organización seleccionará a 15 persoas con espíritu de cambio, alto sentido do compromiso e dispostas ao traballo en equipo para participar nesta iniciativa que se prolongará ata decembro de 2016 no marco das accións do Compostela Móvese 2016. Para a selección das 15 persoas participantes poderase convocar ás persoas preinscritas a unha sesión de traballo inicial que se realizará os días 29 de setembro no CERSIA Empresa en horario de 16:00 a 20:00h e para a que serán convocadas por correo electrónico e telefóno, datos que deberán facilitarse obrigatoriamento no momento da realización da preinscrición no formulario web. Na selección de persoas participantes priorizase aqueles colectivos máis vulnerables en materia de emprego e na posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais: mulleres, persoas en risco de exclusión social, mocidade, persoas en situación de desemprego de longa duración e cidadanía dos barrios e entorno rural do Concello.
Para participar neste proxecto piloto é preciso formalizar a preinscrición cubrindo o seguinte formulario
O prazo de preinscrición a esta actividade estará aberto dende o 9 ata o 25 de setembro de 2016 ás 14:00 horas.