• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de Axudas para o apoio á empresas de recente creación "Compostela Móvese 2016"

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas ao fomento da creación e desenvolvemento de empresas e/ou proxectos de autoemprego iniciando actividade baixo o Réxime de Traballadores Autónomos no Concello de Santiago. A finalidade destas axudas é fomentar o a creación e desenvolvemento de tecido empresarial no Concello apoiando a empresas e iniciativas de autoemprego mediante axudas ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas nun momento especialmente delicado na súa supervivencia empresarial como son os primeiros dous anos de actividade.

No marco do programa Compostela Móvese, convócase esta liña de axudas ao gasto corrente para empresas creadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 15 de xullo de 2016.

Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 15 de xullo de 2016 nos seguintes conceptos:

1.       Custo de persoal (salario e seguridade social) contratado por conta allea, cuotas autónomos (RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social) do empresario individual e socios , e cuotas  das mutuas dos colexios profesionais.

2.       Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.

3.       Gastos de investigación e desenvolvemento.

4.       Arrendamentos e canons.

5.       Reparacións e conservacións.

6.       Servizos profesionais independentes.

7.       Transportes

8.       Primas de seguros

9.       Publicidade, propaganda y relaciones publicas.

10.    Subministros

11.    Gastos de formalización de constitución da sociedade se é o caso.

Non serán subvencionables en ningún caso os investimentos en activo non corrente.

Esíxese un mínimo de 1.500,00€ (IVE excluído) en gastos xustificados para poder concorrer a esta convocatoria, salvo para as iniciativas empresariais que teñan obtido informe positivo do Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago  para a súa cualificación como Iniciativas Locais de emprego, que estarán exentas deste requisito.

Os gastos teñen que ser pagados por transferencia bancaria, domiciliación bancaria, talón bancario ou mediante tarxeta de crédito. Non se admitirán pagos en efectivo

Segundo o artigo 29.8º da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Estas axudas teñen carácter finalista polo que o importe da subvención concedida non poderá ser empregado con outros fins.

Documentación requerida
As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto a estas bases, dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou o seu  rexistro auxiliar (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

Iniciar a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 15 de xullo de 2016

Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.

Ter a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago.

Que a actividade empresarial iniciada supoña o autoemprego cando menos de unha das persoas promotoras da mesma.

A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de axudas Santiago Investors Support ou Compostela Móvese nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.

Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos.