• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mellorar e medrar: Obradoiro de internacionalización.

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este obradoiro formativo de 14 horas de duración que combina formación en grupo con consultoría individual para axudar a empresariado e persoas emprendedoras a definir os seus plans de internacionalización.

PROGRAMA:

 O obxectivo deste obradoiro é mellorar o potencial de exportación das empresas a través dun plan de medidas que preparen a empresa para o acceso a novos mercados  e por outra parte de metodoloxías que lles permitan realizar un plan de internacionalización completo.

Os contidos aproximados das sesión grupais e individuais serán como segue:

Sesión grupal I: Estratexia internacional

1. Ventaxas da internacionalización para a empresa

2. Análise do potencial exportador

3. Como prepararse para a internacionalización

4. Estratexias para a selección de mercados

5. Metodoloxías e fontes de información

Sesión grupal II: Técnicas de comercio exterior

1. Investigación de mercados internacionais

2. Principais fontes de información

3. Cálculo do prezo internacional

4. Os incoterms como base para o cálculo do prezo

5. Promoción internacional: misións comerciais e feiras

Sesión individual 1: Diagnose do potencial exportador e plan de primeiras medidas adoptar.

Sesion individual 2: Filtrado de países e selección de mercados

Sesión individual 3:Investigación do mercado seleccionado

 

DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Sesións grupais : 20 de novembro e 14 de decembro en horario de 10:00h a 14:00h no CERSIA Empresa.

Sesións individuais: a axendar coa persoa participante durante a celebración da primeira sesión grupal.

NUMERO DE PRAZAS DISPOÑIBLES:

10 prazas

Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 16 de novembro de 2015 ás 14:00h. AMPLIADO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 19 DE NOVEMBRO POR QUEDAR PRAZAS DISPOÑIBLES. A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas