• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mellorar e medrar: Obradoiro de definición e revisión de modelo de negocio

  No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este obradoiro formativo de 14 horas de duración que combina formación en grupo con consultoría individual para axudar a empresariado e persoas emprendedoras a definir e/ou redefinir o seu modelo de negocio.

Programa:

O obxectivo será compañar ás persoas emprendedoras, ao empresariado e persoal directivo na reflexión sobre a súa estratexia, apoiándoos con metodoloxías e ferramentas necesarias para levala a cabo.

Os contidos aproximados das sesións serán como segue:

Sesión grupal I: Análise do modelo de negocio

·         Modelo de negocio e proposta de valor: Canvas

·         Análise dos segmentos de clientes (clientes máis rendibles/con maior potencial,etc)

·         O cadro estratéxico da empresa

Sesión grupal II:Ferramentas para definir a estratexia

·         As 6Ps dos servizos

·         Customización vs estandarización

·         Proposta de servizos e valor para o cliente (como encaixa na oferta de servizos co que lle aporta valor ao cliente)

·         Maximizar o valor para o cliente (Value Stream Mapping)

Sesións individuais:

Nas sesións individuais o consultor acompañará á/ao empresaria/o e/ou directiva/o na reflexión acerca da estratexia empresarial e utilizando as ferramentas e conceptos que xa se explicaron nas sesións grupais.

A temática para cada unha das sesión é a seguinte, podéndose adaptar segundo as necesidades de cada empresa.

Ø  Sesión individual 1: Análise do modelo de negocio actual e plan de primeiras medidas.

Ø  Sesión individual 2: Revisión de procesos internos para ofrecer maior valor ao cliente.

Ø  Sesión individual 3: Identificar áreas para a innovación empresarial e diversificación si é o caso.

 

Sesións grupais : 20 de novembro e 14 de decembro en horario de 10:00h a 14:00h no CERSIA Empresa.

Sesións individuais: a axendar coa persoa participante durante a celebración da primeira sesión grupal.

Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 16 de novembro de 2015 ás 14:00h.  AMPLIADO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 19 DE NOVEMBRO POR QUEDAR PRAZAS DISPOÑIBLES.A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas