SEMINARIO DE NEGOCIACIÓN E BAILE "COUSA DE DOUS"
- Datas: 11 de novembro
- Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
- Nº Horas: 7 horas
- Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura
Nº de prazas: 20
Programa:
Negociación. 10.00 – 14.00 horas
Dende que naces ata que morres, dende que sae o sol ata que se pon, a nosa dimensión social convídanos a facernos entender e a chegar a acordos con outras persoas.
O bebé negocia chorando; o neno patalexando; o adolescente regateando os seus permisos; o adulto negociando conflitos...
Aprender a alcanzar acordos mutuamente beneficiosos ou solucións negociadas ante posibles non acordos é o fin último que perseguimos na sesión de mañá desta xornada.
Imparte: Modesto Gómez (ver CV )
Baile. 16.30 – 19.30 horas
Empatía, complicidade, compenetración, paixón, execución, arte... Din que "dous non pelexan se un non quere". E tampouco bailan. Porque, seica hai algo máis compasado que bailar a par dunha parella sen pisala, ao ritmo da música e coa posición apropiada? Non hai algo de negociación no baile?
Nesta media xornada aprenderemos a base da bachata, o merengue e a salsa vistas dende a negociación, o liderado e o aproveitamento das destrezas persoais.
Bailamos?
Imparten: Beatriz Veiga e Manuel López
(triCampeóns de España de Baile Deportivo)
*Para asistir ás sesións da tarde é imprescindible ter acreditado a participación no turno da mañá.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014.
- Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego