• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mellorar e Medrar

  A Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo convoca no marco do programa COMPOSTELA MÓVESE 2015 o programa MELLORAR E MEDRAR.

Este  programa de actividades está dirixidos ao empresariado do Concello de Santiago de Compostela  Dende o 6 de ao 31 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para solicitar praza como empresa nas seguintes accións do Servizo de Apoio á Empresa a Domicilio.Ofrecemos:

1.       10 seminarios formativos de 8 horas de duración para un máximo de 20 persoas cada un a impartir na sede da empresa ou nalgunha das instalacións do CERSIA Empresa ou da Asociación Área Empresarial do Tambre co seguinte temario:

Ø  Que é vender?

Ø  As vendas a día de hoxe

Ø  Quen e que vende hoxe?

Ø  Neurociencia: tipos de cerebro.

Ø  Neurovendas: como toma as decisións a nosa clientela

Ø  A/O nosa/o cliente:

1. Coñecela/o: tipos de cliente

2. Entendela/o

3. Axudandoa/o a tomar decisións

Ø  Negociación consultiva

1. Diluíndo o seu efecto e axundando á clientela  avanzar cara a compra

2. Xerando confianza

Ø  Actitude; a importancia insconsciente a os seus efectos na/o cliente/a.

 

2.    10 prazas para o Servizo de consultoría para revisión do modelo de negocio

O obxectivo será compañar ao empresariados e persoal directivo na reflexión sobre a súa estratexia, apoiándoos con metodoloxías e ferramentas necesarias para levala a cabo.

Os contidos aproximados das sesións serán como segue:

Sesión grupal I: Análise do modelo de negocio

·         Modelo de negocio e proposta de valor: Canvas

·         Análise dos segmentos de clientes (clientes máis rendibles/con maior potencial,etc)

·         O cadro estratéxico da empresa

Sesión grupal II:Ferramentas para definir a estratexia

·         As 6Ps dos servizos

·         Customización vs estandarización

·         Proposta de servizos e valor para o cliente (como encaixa na oferta de servizos co que lle aporta valor ao cliente)

·         Maximizar o valor para o cliente (Value Stream Mapping)

Sesións individuais:

Nas sesións individuais o consultor acompañará á/ao empresaria/o e/ou directiva/o na reflexión acerca da estratexia empresarial e utilizando as ferramentas e conceptos que xa se explicaron nas sesións grupais.

A temática para cada unha das sesión é a seguinte, podéndose adaptar segundo as necesidades de cada empresa.

Ø  Sesión individual 1: Análise do modelo de negocio actual e plan de primeiras medidas.

Ø  Sesión individual 2: Revisión de procesos internos para ofrecer maior valor ao cliente.

Ø  Sesión individual 3: Identificar áreas para a innovación empresarial e diversificación si é o caso.

 

 

 

3.    10 prazas para o Servizo de Consultoría en internacionalización.

O obxectivo desta liña é mellorar o potencial de exportación das empresas a través dun plan medidas que preparen a empresa para o acceso a novos mercados  e por outra parte de metodoloxías que lles permitan realizar un plan de internacionalización completo.

Os contidos aproximados das sesión grupais e individuais serán como segue:

Sesión grupal I: Estratexia internacional

1. Ventaxas da internacionalización para a empresa

2. Análise do potencial exportador

3. Como prepararse para a internacionalización

4. Estratexias para a selección de mercados

5. Metodoloxías e fontes de información

Sesión grupal II: Técnicas de comercio exterior

1. Investigación de mercados internacionais

2. Principais fontes de información

3. Cálculo do prezo internacional

4. Os incoterms como base para o cálculo do prezo

5. Promoción internacional: misións comerciais e feiras

Sesión individual 1: Diagnose do potencial exportador e plan de primeiras medidas adoptar.

Sesion individual 2: Filtrado de países e selección de mercados

Sesión individual 3:Investigación do mercado seleccionado

 

DATAS DE CELEBRACIÓN:

Seminarios formativos de vendas: impartirase un seminario cada un dos seguintes días: 5, 9, 10, 11, 12, 17, 18, 24, 25 e 30 de novembro de 2015. A escolla de datas entre as empresas inscritas farase por orde de inscrición.

Sesións grupais modelo de negocio e internacionalización: 16 de novembro e 14 de decembro en horario de 10:00h a 14:00h no CERSIA Empresa.

Sesións individuais: a axendar coa empresa participante.  

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresariado do Concello de Santiago de Compostela.

Requisitos

Para inscribirse nesta actividade será preciso realizar unha inscrición empregando o formulario web habilitado na páxina www.cersiaempresa.org . O servizo de Apoio á Empresa contactará as empresas solicitantes por rigurosa orde de inscrición para comprobar os requisitos de acceso ao programa e máis fixar a data e lugar de realización das accións.

No caso dos seminarios formativos en vendas será preciso acreditar a participación de cando menos 8 persoas da empresa para poder acceder a un seminario en exclusiva para esa empresa. Se a empresa ten interese en participar con un número menor de persoas neste seminario de vendas o Concello estudiará a posibilidade de impartir o seminario conxuntamente co persoal de outra empresa. A concesión da actividade formativa será preciso cumplimentar a solicitude  que se adxunta como Anexo I a estas bases debidamente acompañada da documentación que se indica na mesma e presentala no CERSIA Empresa con anterioridade ao inicio da actividade.

Será requisito imprescindible para participar nesta actividade que a empresa solicitante teña cando menos unha sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela

A admisión na actividade realizarase por orde de inscrición vía formulario web previa comprobación por parte da Oficina de Promoción Económica do cumprimento dos requisitos esixidos e da presentación física da documentación esixida ata esgotar o total de prazas dispoñibles.

A admisión definitiva na actividade comunicarase individualmente a cada empresa telefónicamente e por correo eletrónico.

A presentación da solicitude ou realización da inscrición on line implica a aceptación das presentes bases específicas, así como das Bases Xerais do programa Compostela Móvese 2015.