Compostela Móvese, móvese para medrar e facer as cousas ao seu xeito, porque o noso tecido empresarial é rico e diferente e ten identidade propia. Porque queremos visibilizar que este concello está inzado de iniciativas económicas e experiencias que paga a pena coñecer e compartir. Partimos da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas do noso territorio e buscamos artellar espazos de intercambio, formación e crecemento das mesmas. Coa óptica social, colaborativa, territorial e da sostibilidade acompañando cada unha das actividades previstas. Buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa á democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela
E neste contexto é no que a Oficina de Promoción Económica recollendo a necesidade detectada tralas actuacións en materia de dinamización económica do proxecto Urbana Norte lanza este programa piloto de adestramentos colaborativos para a creación dun Grupo de Traballo Creativo Compostela Móvese que estará integrado por persoas emprendedoras teñan ou non constituída a súa empresa no momento de acceder a este proxecto.
O obxectivo deste grupo é xerar dinámicas de aprendizaxe compartido, no que as persoas seleccionadas en función da información achegada polas mesmas no cuestionario de inscrición habilitado a tal efecto, colaboren e establezan sinerxías que leven á creación conxunta de proxectos creativos e innovadores, así como a madurar os propios proxectos empresariais e individuais.
A participación no programa implica a asistencia ás 7 sesións formativas que se programarán de acordo cos intereses e necesidades das persoas participantes. A non asistencia a estas sesións poderá dar lugar á perda da praza asignada no Grupo de Traballo Creativo Compostela Móvese
O prazo de preinscrición a esta actividade estará aberto dende o 29 de setembro ata o 7 de outubro de 2015 ás 14:00 horas.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esteproxecto piloto está dirixido ao empresariado do Concello de Santiago de Compostela así como áspersoas que desexen iniciar unha actividade empresarial e/ouqueiran adquiriras competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora, extra e intraempresarialmente, dotanto á súa actividade empresarial de dinámicas de cooperación e intercambio de coñecemento entre empresas.
Requisitos
Para participar neste proxecto piloto é preciso formalizar a preinscrición cubrindo o seguinte formulario: formulario