Emisión de informe de viabilidade económica
Procedemento para solicitude do informe de viabilidade económica e financeira ao Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela segundo o establecido pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde de 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo.
Establecendo esta Orde no seu artigo 14, punto 1 apartado b) que o Plan de Negocio empresarial presentado “deberá ter informe sobre a súa viabilidade económica e financeira por entidade independente entre os que figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local”e de cara a dar resposta ao elevado número de solicitudes deste informe ante o Servizo de Apoio a Empresa, informase do procedemento a seguir polas persoas interesadas para a súa solicitude e emisión:
- O informe de viabilidade económica e financeira deberá ser solicitado pola persoa interesada na instancia que se pode descargar nesta web, mediante a presentación da mesma acompañada da documentación indicada na mesma por rexistro.
- A instancia deberá vir necesariamente acompañada dunha copia compulsada da solicitude presentada pola persoa interesada ante a Xunta de Galicia para concorrer á citada orde de axudas ao traballo autónomo.
- A emisión de informes realizarase por rigurosa orde de entrada en rexistro.