• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial

O programa Urbana Santiago Norte lanza para este ano 2015 esta liña de axudas dirixidas a empresas para o investimento preciso para a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial.

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao investimento no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 40.000€.

O máximo de axuda por empresa ascente aos 7.000 euros e os capítulos subvencionables reséñanse no punto 4º das bases das axudas.

Para a concesión das axudas valorarase o volume de investimento realizado pola empresa, o seu tamaño,  a súa forma xurídica e o uso do galego na mesma. 

Documentación requerida

As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, 1. dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou o seu  rexistro auxiliar (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria no boletín oficial da provincia de A Coruña (11 de agosto de 2015 neste caso) e rematará o 11 de setembro de 2015.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter unha sede de actividade na Zona Urbana Santiago Norte do Concello de Santiago, segundo figura no Anexo VI.