Seminario de Inicio ao Comercio Exterior
AJE A Coruña en colaboración con Banco Sabadell e o Concello de Santiago organizan este seminario formativo dirixido a todas aquelas empresas que queiran iniciarse no comercio exterior.
Sacar unha empresa ao exterior non é tarefa sinxela. Se xa é complexo coñecer en profundidade todo o que ocorre no mercado nacional, imaxinemos a dificultade que ten coñecer ao detalle todo tipo de cuestións referentes a outros mercados que están fora do noso ámbito de acción como empresa. Para axudar a coñecer e superar as dificultades que implica o acceso ao mercado exterior este seminario aportará pistas e información para o empresariado que se atopen nun proceso de iniciación ao comercio exterior ou que esté interesado no mesmo.
O seminario será impartido por Javier Balbín Botello, Director Territorial de Comercio Exterior do Banco Sabadell para Galicia e Castela quen conta con máis de 30 anos de experiencia profesional no sector da banca, a meirande parte deste tempo ocupando postos de responsabilidade en Negocio Internacional.
Programa:
- Os riscos do exportador
- O Contrato, ¿qué todo contén?
- Garantías bancarias
- Repaso aos medios de pago internacionais
- Resolución de disputas. Medidas preventivas e paliativas
Inscripcións en info@ajecoruna.com ou chamando ao 981915635