CURSO DE PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES LÚDICAS
Curso dirixido a aquelas persoas que precisen saber programación e realizar talleres de actividades de tempo e lecer.
Os Obxectivos do curso son capacitar ao alumnado para:
- Saber programar actividades no eido do tempo libre
- Coñecere posibles actividades lúdicas a realizar con distitnos colectivos
DATOS DO CURSO
- Datas: 22 e 23 de novembro, 13 e 14 de decembro
- Horario: 22 de novembro e 13 de decembro de 16.00 a 21:00 horas, 23 de novembro e 14 de decembro de 09:00 a 14:00horas e de 16:00 a 21:00 horas.
- Nº Horas: 30 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela
PROGRAMA
MODULO I: Programación de actividades
• Proxecto e Programación
• Clasificación de Actividades
• Métodos didácticos e Avaliación
MÓDULO II: Microbradoiros
• Maquillaxe de fantasía
• Globoflexia
• Manualidades con material de refugallo
• Expresión corporal: teatro
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 15 de novembro de 2013 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.