• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO DE XESTIÓN DE EQUIPOS

Este curso está dirixido a mandros intermedios do mundo empresarial que queiran mellorar as súas habilidades en materia de xestién de equipos de traballo.

Os obxectivos do curso son:

  • Establecer os conceptos e aspectos fundamentais sobre a xestión de equipos
  • Coñecer os aspectos relacionados coa reinxeñería do comportamento e as barreiras psicolóxicas na comunicación
  • Identificar as necesidades e motivación do liderado de equipos.

DATOS DO CURSO

  • Datas: 25, 26, 27 e 28 de novembro
  • Horario: de 16.00 a 19:45 horas,
  • Nº Horas: 15 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela

PROGRAMA

MÓDULO I: OS EQUIPOS DE TRABALLO E O TRABALLO EN EQUIPO

MÓDULO II: A REENXEÑARÍA DOS COMPORTAMENTOS

MÓDULO III: A COMUNICACIÓN ORGANIZACIONAL

MÓDULO IV: ALGÚNS CONCEPTOS SOBRE O LIDERADO

MÓDULO V: OS ESTILOS D DIRECCIÓN.

Documentación requerida

 

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

 

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre

Requisitos

 

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 18 de novembro de 2013  ás 14:00h

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.