• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

APOSTA POLO TEU PERSOAL: INTELIXENCIA EMOCIONAL E ESPECIALISTA EN COACHING

O desenvolvemento desta formación nace pola percepción de que existe una grande capacidade creativa que non chega ao mercado, e non se materializa en creación de novas empresas fundamentalmente pola falta de confianza das persoas nos seus proxectos e polas dificultades que os promotores teñen á hora de vendelos.
Confiamos nas persoas e na súa capacidade para transformar esas ideas en proxectos de negocio económicamente viables pero baixo unha nova percepción sustentada na colaboración, xeración de sinerxias e desenvolvemento persoal en disciplinas transversais que se traballan ao longo de todo o programa como: a creatividade, a anticipación, a motivación e a flexibilidade…. e sobre todo a colaboración durante todo o proceso de emprendemento. Todas elas tanto co marco común das titorías; como dos distintos módulos que se vaian desenvolvendo…
Somos conscientes da soidade das persoas emprendedoras, da necesidade de asesoramento e acompañamento durante todo o proceso e da súa importancia
Por iso o que propomos é acompamento durante todo o proceso e a xeración de dinámicas para fomentar o apoio interno e complementación entre todos os participantes no programa.

Programa:

MÓDULO 1
A idea empresarial e o plano de negocio, no caso de novos proxectos emprendedores, ou Plano Estratéxico, no caso de negocios existentes.(20 horas) Desenrolo do Plan Estratéxico en base aos coñecementos adquiridos durante este e os seguintes módulos.

  • A idea de negocio. Factores de diferenciación.
  • O proceso de produción ou de prestación do servizo.
  • A realidade do meu mercado.
  • Cómo facer que merquen o meu producto.
  • A forma xurídica máis axeitada para o meu negocio.
  • Xestión dos recursos humanos. ¿Colaboracións ou contratacións?
  • Estudo económico financeiro do proxecto.
  • Cronograma para a posta en marcha do negocio.
  • Subvencións públicas e líñas de financiamento

Titoría 1 e Titoría 2. Unha hora hora por proxecto e titoría.

MÓDULO 2
Novos Modelos de Negocio: Marketing, Social Media e Web no mundo da empresa. Innovación Disruptiva e novas posibilidades aplicadas ao negocio. (20 horas)
  • A web e a súa importancia no negocio.
  • E-commerce, venta online e novas canles de comercialización de productos e servizos.
  • Redes Sociais e Medios Sociais. Plan Social Media, principais canles, elaboración da estratexia e manexo dos mesmos. Newsletter e APPS Sociais.
  • Novos xeitos de promoción, novo contexto e novos xeitos de comercialización.
  • Innovación Disruptiva.
  • APPS Móbiles
  • SEO/SEM/ e campañas de promoción cruzadas
  • IBeacons e novos sistemas e campañas de promoción por Xeolocalización. ( aplicación a negocios con sede física)
  • Breve repaso ao branding, a marca, as súas posibilidades e como desenrolalo e conxutar o online e o offline.

Titoría 3. Unha hora hora por proxecto e titoría.

MÓDULO 3
A marca persoal no emprendedor. Descubrirnos, crer en nos e medrar en base a eso aportando ao noso negocio.
(20 horas)

  • Aproximación á marca persoal para emprendedores. Exemplos prácticos
  • O noso perfil como emprendedores, análisis DAFO
  • Matriz DAFO personal e modelo PBSC
  • Os nosos obxectivos: ¿hacia onde queremos ir? ¿cómo queremos ser vistos?
  • Innovación Disruptiva.
  • Estratexia en base ao noso perfil para acadar os obxectivos. Accións de mellora.
  • ¿ Cómo me vexo, cómo me ven??? ¿ cómo son?
  • Reputación (v) Marca Persoal. O Packaging.
  • O fenómeno 2.0 como aliado ou inimigo na comunicación da nosa marca. Identidade Dixital.
  • A influencia do Networking na marca persoal.
  • O extracto persoal.

Titoría 4. Unha hora por proxecto.

MÓDULO 4
Motivación para o emprendemento (8 horas)

  • A IE como factor de diferenciación
  • A importancia de desaprender no proceso de aprendizaxe
  • Cómo pode mellorar o empresario a xestión das súas emocións
  • A búsqueda da misión
  • A definición dos obxectivos
  • Identificación dos valores da empresa
  • Desrutar cos cinco sentidos
  • Consellos para un bon emprendemento
  • Experiencias doutros emprendedores

Titoría final. Unha hora por proxecto

SESIÓN GRUPAL 1: A xestión da emocións no negocio (4 horas)

SESIÓN GRUPAL 2: Comunica e proxecta o que es (4 horas)

SESIÓN GRUPAL 3: Abre ben as orellas. Traballa en equipo (4 horas)

O programa inclúe ademáis das 80 horas de formación, 5 titorías individualizadas con cada persoa participante, cuxo horario será fixado pola persoa participante e o persoal docente do mesmo. 

A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) nas seguintes datas:

SETEMBRO:

26 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00 horas

27 e 28 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h.

OUTUBRO:

3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 13, 14, 17 e 18 de outubro en horario de 9:00h a 14:00h

NOVEMBRO:

2, 3 e 4 de novembro en horario de 16:00h a 20:00h.

Ofrécense 15 plazas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  • Persoas que teñan unha idea de negocio que queiran transformar nun proxecto empresarial.
  • Persoas que teñan en marcha un proxecto empresarial nunha situación de maior ou menor dificultade que queiran reenfocarlo dalgún xeito e adquirir a motivación e as ferramentas precisas para elo.
  • Persoas que non tendo proxecto empresarial desexen adquirir os coñecementos precisos para poder aplicar no futuro.
Requisitos

Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 21 de setembro de 2016 ás 14:ooh

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.

A selección será por orde rigoroso de inscrición.