• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

NON

Curso de Nivel básico de prevención en construción. O curso celebrarase entre os días 28 de novembro e 13 de decembro.

Clases Presenciais: 28 e 29 de novembro, e, 12 e 13 de decembro

Horario CLASES PRESENCIAIS: De 09.00 a 14.00 horas

Nº Horas: 60 horas (20 presenciais e 40 a distancia)

Modalidade: Semipresencial a distancia

Lugar impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre

Obxectivos do curso:

  • Coñecer os conceptos básico en materia preventiva.
  • Capacitar ao alumnado para o desempeño das funcións de nivel básico no posto de traballo.
  • Desenvolver as habilidades necesarias para asumir as responsabilidades do desempeño de nivel básico de prevención.
  • Ter claros os dereitos e deberes dos/as traballadores/as en materia preventiva e desenvolver as cualidades para defendelas.
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
  • Para empresariado e persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido

A Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.