NON
Curso de Actualización fiscal. O curso celebrarase os días 19 e 20 de decembro.
Información sobre o curso de Actualización fiscal:
Datas: 19 e 20 de decembro
Horario: De 19.30 a 22.00 horas
Nº Horas: 5 horas
Modalidade: presencial
Lugar impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
O obxectivo do curso é resolver todas as dubidas que poidan xerar co cambio lexislativo.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
Para empresariado e persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.