Curso de "Mercadotecnia e Comunicación"
O mercado é o escenario de xogo de todas as relacións comerciais. Coñecelo, enfocalo e dominalo é a gran aspiración das empresas, pois nas súas entrañas residen boa parte das claves do éxito corporativo. Quen consiga diferenciar os seus produtos e servizos, axustar os seus prazos, coordinar a súa lóxica distributiva e comunicar as súas bondades con arranxo á demanda, terá a clave pasa abrir a porta do triunfo.
Con este módulo formativo pretendemos familiarizar aos asistentes coas 6P da mercadotecnia (a saber, persoal brand, posicionamento, produto, prezo, praza e posición) ata conseguir reverter todas as variables da mercadotecnia nun mix do modo máis favorable para os intereses da empresa. Dominando as 6P e racionalizando a súa adaptación corportativa propiciaremos unha mellora global que redundará nun incremento da eficacia e eficiencia.
Grupos, data s e horarios:
- Grupo 1 (12 horas): 1-3 de outubro, de 10.00 a 14.00 |TODAS AS PRAZAS CUBERTAS|
- Grupo 2 (12 horas): 4-5 de outubro, de 16.00 a 22.00
- Grupo 3 (12 horas): 8-10 de outubro, de 10.00 a 14.00
Nº de prazas:
- Máximo por grupo: 15 prazas
- Mínimo para desenvolver o curso: 7 prazas
Lugar de impartición:
Edificio CERSIA
Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro)
Santiago de Compostela
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.