• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de Planificación Estratéxica: Perseguindo unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial

Acadar unha meta. Fixarse obxectivos por etapas. Camiñar de xeito estruturado. Algo común para os peregrinos pero afastado para moitas empresas. A planificación estratéxica é a folla de ruta que permite trazar carreiros certeiros ás empresas. Neste curso trataremos de abordala co obxectivo último de racionalizar os recursos e procesos da empresa, aliñándose cos seus obxectivos e misión.

Aspiración Formativa

Con este módulo formativo pretendemos formar aos asistentes en planificación estratéxica. Con isto axudarémoslloes a exporse obxectivos e metas, asó como a acadalos de xeito estruturado, cambiando a frustración por satisfacción e felicidade.

Exemplo formativo

O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o Camiño de Santiago. Un Camiño por etapas cunha clara misión e unha visión definida.

Datas e horarios

  • Grupo 1: 3, 4 e 5  de setembro- 15 prazas .- Horario de 10.00 a 14.00 h.- Remate inscrición 28/08/2012
  • Grupo 2: 6 e 7  de setembro .-15 prazas .- Horario de 16:00 a 21.30 h.- Remate inscrición 28 /08/2012
  • Grupo 3 : 10, 11 e 12 de setembro.- 15 prazas.- Horario de 10.00 a 14.00 h .-Remate inscrición 28/08/2012
Documentación requerida

Documentación :
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego.
Dirixido

A persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición. A admisión ao curso comunicarase por email unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.