• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso Monitor/ Tempo Libre

Entre o 15 de setembro e 2 de decembro de 2012
A parte teórica impartirase en Negreira
A empresa que realiza a actividade é a ESCOLA DE TEMPO LIBRE RECURSOS
A preinscrición remata o 7 de setembro do 2012

Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia; curso necesario para traballar como monitor/a de tempo libre.

O curso ten unha duración de 200 horas teóricas e 150 horas de prácticas en empresas.

A parte teórica impartirase en Negreira os fins de semana de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 22:30.

O custe de inscrición ou matrícula é de 190 euros.

A matrícula do curso pode pagarse en 3 prazos:

  • 1º PAGO: 50€ (coa preinscrición)
  • 2º PAGO: 50€ (antes de comezar o curso -15 setembro)
  • 3º PAGO: 90€ (antes do 15 de outubro)
Documentación requerida

A documentación a entregar é unha folla de inscrición e un xustificante do primeiro prazo da matrícula.

Dirixido

A persoas interesadas en traballar como monitor/a de tempo libre.

Requisitos

Os alumnos/as deberán ter como mínimo, 18 anos.