• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Piloto de implantación do sistema antifalsificación TAGTUM en Santiago de Compostela

Nunha primeira fase do proxecto, o Concello e DNET colaborarán na distribución gratuita de 5.000 chips TAGTUM entre fabricantes que comercializan os seus produtos na cidade e puntos de venda seleccionados, equipándoos cos lectores NFC de última xeración, convertindo así a Santiago na primeira cidade no mundo en desenvolver un proxecto global contra a falsificación.

Estímase que a falsificación move anualmente en España un volume de 50.000 millóns de euros. Os principais sectores afectados pola falsificación de produtos son: textil, marroquinaría, xoguetes, cosméticos, pequenos electrodomésticos, recambios...